O PSOE de Cabanas esixe a Castrillón que demostre o pago das taxas pola utilización das pistas de pádel A candidata socialista contestou ás declaracións do “popular”, que dixo nos medios que xogara nas novas pistas para “promocionalas” Koke Cabana cualifica como “bochornoso” que o rexedor asegure nestes tempos que a ampliación de Vilar do Colo sexa “fume” Cabanas, 15 de abril de 2011.- A candidata do PSOE de Cabanas, Koke Cabana, quere puntualizar unha serie de cuestións importantes en relación coa noticia aparecida hoxe nalgúns medios na que o alcalde de Cabanas anima aos veciños a acudir ás pistas de pádel de A Veiga, afirma que éstas rexiranse pola ordenanza fiscal das pistas polideportivas e incluso chega a preguntarse se hai algo de malo en que o rexedor do PP acuda un sábado cuns amigos a xogar a estas pistas “para promocionalas”. A este respecto, o Partido Socialista de Cabanas e a súa cabeza de lista fan as seguintes aclaracións: En primeiro lugar, se as pistas de pádel ríxe...