viernes, 15 de abril de 2011

CONTESTACIÓN A LA NOTA DE PRENSA DEL SR. ALCALDE

O PSOE de Cabanas esixe a Castrillón que demostre o pago das taxas pola utilización das pistas de pádel

A candidata socialista contestou ás declaracións do “popular”, que dixo nos medios que xogara nas novas pistas para “promocionalas”

Koke Cabana cualifica como “bochornoso” que o rexedor asegure nestes tempos que a ampliación de Vilar do Colo sexa “fume”

Cabanas, 15 de abril de 2011.- A candidata do PSOE de Cabanas, Koke Cabana, quere puntualizar unha serie de cuestións importantes en relación coa noticia aparecida hoxe nalgúns medios na que o alcalde de Cabanas anima aos veciños a acudir ás pistas de pádel de A Veiga, afirma que éstas rexiranse pola ordenanza fiscal das pistas polideportivas e incluso chega a preguntarse se hai algo de malo en que o rexedor do PP acuda un sábado cuns amigos a xogar a estas pistas “para promocionalas”. A este respecto, o Partido Socialista de Cabanas e a súa cabeza de lista fan as seguintes aclaracións:
En primeiro lugar, se as pistas de pádel ríxense pola Ordenanza Fiscal nº 19 reguladora da utilización de instalacións deportivas municipais, prodúcese un problema, xa que no seu artículo 4 a dice textualmente: “Utilización de instalacións deportivas para adestramento, partidos amistosos ou de competición con entrada gratuita: no pavillón polideportivo de Porto ou campo de futbol de A Veiga 25,00€/hora, e no pavillón polideportivo de Lavandeira 15,00€/hora”. Atendendo a isto, os socialistas pregúntanse pola taxa que o goberno local aplicará ás pistas de padel, se 25,00 ou 15,00 euros/hora.
Por outra banda, a candidata socialista afirma que o alcalde cos seus amigos utilizaron como mínimo as pistas de pádel os días 2 e 9 de abril en horario de mañana. “¿Con que data e número de rexistro de entrada solicitou Germán Castrillón a utilización das mencionadas pistas, e en que data abonou nas arcas municipais as correspondentes taxas?”, preguntou Kobe Cabana.
A este respecto, ademais, o PSOE de Cabanas subliña que non ve nada malo en que o alcalde acuda cos seus amigos a xogar ás pistas de pádel, “sempre e cuando faga o mesmo que calqueera veciño ou veciña de Cabanas, é dicir, solicitar por rexistro a instalación deportiva en cuestión e abonar as taxas correspondentes”. “Agás que Germán Castrillón considere que as instalacións deportivas son da súa propiedade e para o seu uso e disfrute, non para o dos veciños e veciñas de Cabanas”, engadiu a cabeza de lista do PSOE cabanés.
En canto ás declaracións do rexedor “popular” en relación á ampliación de Vilar de Colo afirmando que o Ministro de Fomento “vende humo”, a cabeza de lista do PSOE cualificounas como “bochornosas” e, neste sentido, Cabana asegurou que “malia o tempos que corren, é unha realidade o esforzo de Fomento para ampliar este parque empresarial, no que se poden asentar novas empresas e, así, contribuir á creación de emprego, tan necesario na actualidade”.
“O que ocurre é que ‘Piensa el ladrón que……….’ , xa que é a iso, a vendernos fume, ao que nos ten acostumados o alcalde, que despois de catro anos de mandato, aínda estamos agardando a execución dun dos seus proxectos estrela: o soterramento das vías do tren ao seu paso por Cabanas”, manifestou Cabana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario